Inicio Registrarse Iniciar Sesion Conectado como: Invitado
ActualidadNoticia
Comparte noticiaTweet
Sin Comentarios21 de Octubre de 2021
O partido disputado no campo de Os Chacotes acabou en empate a un despois de 90 minutos de loita entre ambos equipos. O Monterroso entrou mellor no partido, pero a primeira e máis clara ocasión caeu do lado dos visitantes. Diego remata completamente só un córner, pero o seu cabezazo foise fora por pouco.
A segunda parte comeza con máis ocasións para o Monterroso, que durante todo o partido creou moito perigo a través de balóns aéreos, tanto en saques de esquina como de potente saque de banda.
O primeiro gol do partido materializouno o Outeiro. Alvarito transformou o primeiro gol do campionato despois de una xogada combinada pola banda esquerda entre Aaron, Pedrinho e Rubén. A alegría durou pouco, xa que na mesma xogada de saque de medio o Monterroso logrou empatar tras unha perda en campo propio do Outeiro.
Na última parte do encontro ambos equipos volcáronse o ataque. Isto supuxo numerosas ocasións que nin Monterroso nin Outeiro lograron transformar dando como resultado o empate final que reflexou o marcador.
Na seguinte xornada o Outeiro enfrontarase ó San Lázaro no Municipal de Outeiro de Rei en busca da primeira vitoria da tempada.
01 de Octubre de 2021
Continúa a pretempada.
SD Outeiro de Rei. Fundado en 2000Grupo Web Deportiva SL Aviso legalPolitica CookiesMapa web
Utilizamos cookies propias y de terceros para elaborar información estadística y mostrarte publicidad personalizada a través del análisis de tu navegación, conforme a nuestra política de cookies. El usuario tiene la posibilidad de configurar su navegador pudiendo, si así lo desea, impedir su utilización, aunque debera tener en cuenta que dicha acción podrá ocasionar dificultades en la navegación. Si continúas navegando, aceptas su uso.